sábado, 20 de febrero de 2016

O PP propón a rebaixa do IBI para as explotacións agrícolas.


O voceiro Juan García Velo presentou a moción plenaria.



Os populares agardan que as demáis forzas políticas do concello respalden a proposta de bonificación dun 90% na cota.



O voceiro do Partido Popular de Coristanco,Juan García Velo presentou no rexistro xeral do concello, unha moción para o establecemento dunha bonificación no IBI, imposto de bens inmobles, para as explotacións agrícolas e gandeiras do municipio.Os populares agardan que os demáis grupos políticos apoien a súa proposta para que os bens inmobles urbanos vencellados a actividades agrícolas e gandeiras se beneficien dunha rebaixa do 90% da cota íntegra.


“O sector agrogandeiro é relevante no concello de Coristanco, e penso que debemos darlle unha especial protección desde as administracións porque son unha parte indispensable” lembrou Juan García.


No texto da moción explícase debidamente a necesidade de modificar a ordenanza fiscal que regula estes impostos e as condicións para acreditan a condición necesaria para ser beneficiaría dunhas bonificacións que desde o Partido Popular se consideran “importante para os nosos veciños”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario