miércoles, 13 de abril de 2016

O PP de Coristanco plantexa á Xunta varias demandas veciñais.

Xuntanza frutífera coa conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez.


O portavoz municipal do Partido Popular, Juan García Velo trasladoulle a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez dous asuntos recollidos das demandas veciñais existentes.García Velo expuxo as peticións dos veciños de Outeiro que demandan a construción dun paso elevado, nun treito da autovía da Costa da Morte, para acceder as súas propiedades. Tamén pediu unha solución para os veciños da parroquia de Xaviña que piden melloras en camiños afectados polas mesmas obra.


A conselleira Ethel Vázquez comprometeuse a estudia-la viabilidade da demanda do veciños de Outeiro e informou que nos accesos a Xaviña a Xunta tiña previsto unha actuación para repoñer o estado dos camiños e das zonas de servidume. Desde o Partido Popular de Coristanco faise unha valoración positiva dun encontro frutífero que permite desde o diálogo buscar solucións ós problemas dos nosos veciños.

Xunto coa conselleira de Infraestruturas e o portavoz do PP local, tamén estiveron na xuntanza o delegado territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo e os concelleiros populares Clarisa Couto e Luís Souto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario