martes, 27 de octubre de 2015

Plan Xeral:Un exercicio de responsabilidade

O Partido Popular de Coristanco votou a favor da aprobación do Plan Xeral.



O Partido Popular de Coristanco votou afirmativamente a aprobación do plan xeral por responsabilidade, unha responsabilidade da que careceron os membros do PSOE, BNG e a maioría de Terra Galega, que non apoiaron a proposta que o mesmo goberno levou a pleno.


Confírmase que este é un tripartito de conveniencia onde os propios concelleiros de Tega votaron distinto ao seu xefe de filas e alcalde, Amancio Lavandeira. Tamén quedou en evidencia logo dos reproches feitos polo BNG os seus compañeiros de grupo. Parece que o que menos importa e Coristanco, é o que une a estas tres forzas é precisamente o poder.


O PP sempre estará a carón dos veciños e xa anunciou que seguirá votando afirmativamente a todas cantas propostas supoñan a mellora dos núcleos rurais e dos coristaqnueses, e agarda que a nova Lei do Solo facilite este traballo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario