jueves, 3 de diciembre de 2015

Aprobado o Plan Xeral de Coristanco


A Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato acudiu este xoves a Coristanco para asina-lo Plan Xeral de Ordenación Municipal.



Desde o Partido Popular queremos valorar positivamente que hoxe Coristanco teña o seu Plan Xeral aprobado.





No último pleno, o Partido Popular fixo un exercicio de responsabilidade; acto que non foi realizado polos concelleiros de BNG, PSOE que non votaron a favor deste documento. E tan só un dos cinco concelleiros de Terra Galega votou a favor. E foi o alcalde, Amancio Lavandeira, semanas despois de que expresara en sede plenaria a súa intención de impugnar o plan. Os bandazos do goberno de Coristanco non impediron que se aprobara este plan.







O PP mantivo unha postura firme e responsable desde un primeiro momento. E mantemos a nosa postura de seguir colaborando nas cousas interesantes para o concello e en traballar para mellorar as posibilidades dos nosos núcleos rurais.Coristanco ten un plan xeral, que foi promovido polo anterior goberno e supervisado por un equipo técnico acorde os procedementos establecidos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario