viernes, 18 de diciembre de 2015

Unha oposición responsable e un goberno incoherente

O Partido Popular de Coristanco apoiou co seu voto afirmativo o Plan de Obras e Servizos e o Plan de Acción Social.





Como explicou O noso portavoz, Juan García Velo, o PP está a favor das obras nas parroquias, se ben expresamos o noso malestar por dous feitos concretos. 


Por unha banda o goberno tripartito do Sr. Amancio que tantos sermóns ven ofrecendo sobre o diálogo, non atendeu a proposta do Partido Popular, que con toda vontade constructiva ofreceuse a colaborar na selección das obras, excluíndo a forza maioritaria da corporación e preferida dos coristanqueses.



O PP considera que o alcalde xa se está quitando a careta para demostrar o seu verdadeiro talante. Xunto con esta actitude, tamén criticamos que dous plans tan importantes teñan que ser aprobados a última hora. O Sr. Amancio comportouse como un mal alumno e convocou o pleno un día antes do remate do prazo posto pola Deputación.



O PP apoiou as obras por responsabilidade e coherencia pero tamén advertiulle ao alcalde que debe poñerse a traballar con maior intensidade porque tamén detectamos que hai un proxecto de melloras en Erbecedo, Cereo e San Paio, que podería ser financiado noutro programa (AGADER) de non ser pola mala xestión do tripartito de Coristanco.



Por último, o Sr. Amancio segue demostrando a súa incoherencia, propoñendo obras, como un plan de sendas peonís, que fora plantexado anteriormente polo PP e rexeitado por Terra Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario