sábado, 21 de mayo de 2016

Os veciños pagan a incoherencia de Amancio


O Partido Popular quere destacar a incoherencia do alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira e dos seus compañeiros de goberno de Tega, PSOE e BNG.




Unha vez máis o señor alcalde tropeza coas súas propias palabras. Se antes criticaba determinados servizos externos do concello de Coristanco, agora decide gastar 18.000 euros nunha asistencia técnica para un aparellador por un prazo de dous meses.


O máis grave é que esta situación é froito da mala xestión do alcalde e do goberno local que terán que pagar tódolos veciños de Coristanco que seguen sen permisos de obras e sen asesoramento.



O concurso para a contratación da praza de aparellador non se fixo correctamente e así o dictaminou a xustiza, e agora o sr. Amancio Lavandeira continúa a súa caótica xestión cun importante gasto para só dous meses de vixencia, para tentar ocultar as continuas meteduras de para deste goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario