sábado, 12 de diciembre de 2015

Uns polos outros e a casa sen varrer





 O Partido Popular de Coristanco xa leva advertindo da falta de planificación que hai no goberno local. 



Os integrantes do tripartito Terra Galega- PSOE e BNG están máis preocupados noutros temas que en cuestión básicas. Uns polos outros e a casa sen varrer. 



E válenos perfectamente este refrán. Desta volta é comprensible o malestar que existe na Agualada pola falta de limpeza, e grandes cantidades de follaxe invadindo esta localidade. Algunha persoa acreditou esta deixadez do goberno con fotos. Ante o movemento nas redes sociais, o goberno acabou limpando a zona. 






Pero demostraron unha vez máis o desgoberno e a falta de atención que existe. Cando viron que as críticas estaban aumentando no Facebook, entón reaccionaron. E fixéronno enviando a membros de Protección Civil. Evidenciando aínda máis a falta de organización do goberno.



Pero Sr. Amancio, vostede agora é o alcalde e ten que gobernar e non só esperar a que a xente se indigne e actúe nas redes sociais.








Fai uns meses en distintas parroquias, fai un par de semanas en Traba, onte na Agualada ¿Cando comezarán a limpar e coidar os nosos espazos públicos cun mínimo de organización?







No hay comentarios:

Publicar un comentario