miércoles, 16 de noviembre de 2016

Aprobouse a rebaixa de impostos proposta polo PP


No pleno extraordinario solicitado polo PP celebrado hoxe.



O Partido Popular de Coristanco quere destacar a medida aprobada hoxe no pleno do concello de Coristanco para establecer “unha bonificación do 90% na cota íntegra dos bens inmobles urbanos vinculados á actividades de uso agrícola e gandeiro e a redución do tipo de gravame ao 0,45% aos bens de natureza urbana e ao 0,70% os de natureza rústica”.


Queremos salientar a postura coherente do concelleiro do Partido Socialista que apoiou a nosa proposta.En cambio, lamentamos que o BNG non apoiara unha medida que beneficia aos coristanqueses e optara pola abstención. Tamén lamentamos a falta de apoio de Terra Galega que seguen a tónica do desgoberno municipal e dividiu o voto con catro abstencións e un voto en contra.


O Partido Popular actuou en todo o momento con responsabilidade e tentando dar solución aos veciños. Por terceira vez plantexamos este problema en sede plenaria e á terceira foi a vencida, porque a pesar da postura incomprensible de Terra Galega e BNG, houbo seis concelleiros do Partido Popular que insistiron e volveron a defender os intereses veciñais no pleno, e nesta ocasión encontraron unha actitude construtiva no PSOE.



Como indicamos no pleno entendemos que hai marxe suficiente para promover esta baixada de impostos. As escusas do Sr. Amancio Lavandeira non vale. Temos un alcalde que non se move do sillón, que incumpre as súas promesas e por riba que quere poñer atrancos ao traballo da oposición. Nesta ocasión saíulle mal e gañou o pobo de Coristanco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario