viernes, 11 de noviembre de 2016

O PP pide explicacións a Amancio Lavandeira

O PP pide explicacións a Amancio Lavandeira



O Partido Popular de Coristanco quere expresar a súa preocupación pola situación de desgoberno e falta de xestión que está sufrindo o concello de Coristanco.


Queremos aproveitar os medios de comunicación para interesarnos polos motivos polos que o concello de Coristanco quedou fora do reparto inicial de axudas do Plan de Medio Ambiente promovido pola Deputación provincial da Coruña e que tiña previsto un investimento duns 59.000 euros.


Tendo en conta a situación de incompetencia reiterada do goberno local desconfiamos que houbera algún erro por parte do equipo que lidera o alcalde, Amancio Lavandeira, que debería explicar como está este plan e cales foron os motivos polos que Coristanco non aparece na listaxe de actuacións aprobada na última sesión plenaria.


Coas parroquias abandonadas, sen proxectos e sen iniciativa, co concello paralizado, só faltaría que non souberan xestionar o que lles mandan das administracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario