miércoles, 15 de junio de 2016

O PP esíxelle ao alcalde que reaccione ante a situación de abandono do concello de Coristanco





 O Partido Popular de Coristanco esixe ao goberno local que se poña as pilas e atenda as necesidades do municipio. 




Moitos veciños están a trasladarnos o seu descontento polo abandono das parroquias, algo que se pode comprobar dun xeito moi doado.



Un ano despois de chegar ao goberno, Amancio Lavandeira e o seu goberno seguen dando mostras de total pasividade e inacción.






A maleza acumúlase por distintos puntos do concello, en vías de comunicación e áreas de esparcemento sen que o señor Amancio reaccione. Cobra por ser alcalde pero non exerce de alcalde.O malestar é evidente. Dous exemplos desta situación de abandono son á area recreativa da Rocheira ou a praza de Seavia.Pedímoslle ao alcalde que se poña a traballar dunha vez por todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario