sábado, 21 de mayo de 2016

Amancio, con presa e con mala letra



Este xoves houbo un pleno no concello de Coristanco, onde unha vez máis o goberno tripartito quedou retratado pola súa falta de xestión e de transparencia.



Nunha clara falta de transparencia, o goberno local convocou un pleno urxente o mércores pola tarde para celebrarse as 9 da mañán deste xoves, o que impediu o PP de Coristanco exercer a súa labor de oposición e fiscalización.


Como explicou o noso portavoz, Juan García Velo, esa non é a maneira de facer as cousas, por iso o PP votou en contra da urxencia da sesión, porque ante todo hai que adaptarse as regras do xogo. O PP apoia que os acreedores teñen que cobrar e non poden seguir sufrindo a falta de xestión deste goberno TEGA-PSOE-BNG. Optouse pola abstención neste punto, pola falta de información por parte do goberno, e pola inseguridade xurídica que producen as presas e os antecedentes do sr. Amancio e o seu equipo.


Non podemos respaldar algo que non coñecemos. Non sabemos cal é a orde de pago dos acreedores, pero sí sabemos que as facturas que están pendentes de cobro tamén son desta lexislatura. Non vale a excusa de que están sen interventor, porque cando o anterior goberno tamén estivo sen secretaria, e ademáis xenérase una contradicción. Pleno urxentísimo e non temos interventor nin sabemos cando se van a pagar esas facturas nin tódalas demáis. Un auténtico esperpento o que se vive en Coristanco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario