miércoles, 25 de noviembre de 2015

O Goberno de Coristanco reitérase na desidia

Volvemos a pedir que se limpe o parque infantil de Traba. 



 Fai un mes o grupo municipal do Partido Popular de Coristanco denunciaba a situación de falta de limpeza e inseguridade do parque infantil de San Roque-Traba. 



 A falta de limpeza supoñía un impacto visual negativo, un foco de suciedade e ademáis un perigo para os máis pequenos pola presenza de cristais rotos. Hoxe vémonos na obriga de recorrer os medios de comunicación para denunciar unha situación idéntica a do mes pasado. Cristais, plásticos e latas conviven nas inmediacións desta área lúdica. 








 Pero nesta ocasión a nosa queixa adquire maior gravidade porque significa que por unha banda o goberno tripartito que preside o sr. Amancio Lavandeira non tomou nota e reitérase na súa desidia. Demostra que non hai nin interese nin planificación. Desde o PP de Coristanco pedímoslle que sexa un pouco máis respectouso cos nosos veciños e proceda a limpeza da zona para evitar danos ós nenos e a mala imaxe que se está dando. E tamén dunha vez por todas que coordine as tarefas de mantemento das zonas públicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario