martes, 27 de octubre de 2015

O Partido Popular denuncia o abandono do concello

O PP recolle o malestar veciñal diante da pasividade do goberno tripartito.




O Partido Popular de Coristanco critica a pasividade do goberno tripartito local que mantén nun vergoñento estado de deixadez e abandono as vías de comunicación, accesos a lugares e zonas públicas de distintas parroquias do concello.


Despois de que no último pleno o PP trasladara o malestar veciñal que existe por la ausencia dunha actuación planificada e continua de desbroces e limpezas, a situación vai a peor.






A herba e a maleza segue medrando sen control en parroquias como San Paio, Xaviña, Oca ou Couso sen que o alcalde, Amancio Lavandeira, nin o concelleiro encargado Abrahán Gerpe poñan remedio. Esta vez non poderán culpar ao PP.







Hai un dato incontestable. Coristanco non estivo nunca tan descoidado.Xa está ben de queixas, o goberno tripartito ten que ser algo máis ca unha muro de lamentacións e debe de dar solución ós problemas, comenzando por algo tan elemental como o mantemento e a limpeza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario